Asociación Rioplatenses de Lugo

 

 

 

Hermoso proyecto realizado con la Red Museística provincial de Lugo


O día 18 de decembro é o día internacional do Migrante.
A presentación do documental “Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina” o 17 de decembro ás 18h no Museo provincial de Lugo e  súa exhibición os días 18, 19 e 20 nos museos da Rede museística supón o cume dun proxecto que comezou o 3 de febreiro e que vén a responder a unha liña da actuación constante desta Rede Museística: a responsabilidade social da institución pública.
Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo – Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, máis un equipo multidisciplinar de documentalistas, especialistas en redes sociais, investigadores, artistas, etc.. que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, conservar, reinterpretar  e difundir a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo.

Para saber más…. http://culturasendialogolugoarxentina.blogspot.com.es/


Quieres ver el documental????    Aqui está!  https://www.youtube.com/watch?v=zWrkHdA7jFk


Y para ver donde viven las mujeres del documental… http://culturasendialogolugoarxentina.blogspot.com.es/p/mapa.html